Hemeroteca canteira

O Celta e a súa Fundación asinan un histórico convenio có Coruxo FC

RC Celta

coruxo1-230916.jpg

 

O RC Celta e a súa Fundación seguen apontoando o seu ambicioso proxecto de canteira coa firma dun histórico convenio de colaboración co Coruxo FC. Este importante acordo, asinado polo presidente celeste Carlos Mouriño e o seu homólogo Gustavo Falqué, representa un gran paso no crecemento e expansión do fútbol base vigués.

 

O Coruxo FC, que milita actualmente na Segunda División B, é un dos equipos máis representativos da cidade e conta cunha destacada estrutura deportiva e de traballo de canteira. O seu presidente, Gustavo Falqué, manifestou tras a firma a súa satisfacción polo acordo: “Desde o Coruxo FC entendemos que o equipo co que debemos colaborar ao cento por cento é o Real Club Celta”. Ademais, o dirixente asegurou que “a unión dos dous tennos que seguir dando froitos para a canteira para que os mozos de Vigo e arredores teñan a posibilidade de seguir crecendo como deportistas e como persoas”.

 

Este acordo abarca numerosas áreas de colaboración, entre as que destacan a captación de talento, a formación de adestradores e xogadores e o fomento do celtismo. A Fundación Celta de Vigo e o Real Club Celta continúan deste xeito ampliado as súas colaboracións con entidades crave no desenvolvemento dos mozos deportistas, implementando a metodoloxía da canteira do Real Club Celta que segue sendo motivo de orgullo para a afección celeste.

 

coruxo2-230916.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas