- Primeira vitoria da pretemporada 24/25 para o Celta Fortuna. O conxunto que dirixe Fredi Álvarez impúxose ao CD Lugo no estadio de Baltar (Portonovo). Nun partido plano, sen demasiadas ocasións para ambos os equipos, Gael Alonso foi o encargado de romper a balanza cara o filial celeste e, no minuto 84, mandar o balón ao fondo da rede tras recibir unha asistencia de Yoel Lago.
Terceiro amigable dunha pretemporada na que o Celta Fortuna mantense invicto e un partido, ademais, de estrea para os recentemente chegados Jordi Escobar e Emilio Rodríguez que tiveron os seus primeiros minutos para ir probando sensacións.
A próxima cita no calendario do Celta Fortuna será en casa, na Cidade Deportiva Afouteza, o mércores 7 de agosto ás 11:30, onde xogarán o seu cuarto amigable ante o RC Celta.
FICHA TÉCNICA:
1 – Celta Fortuna: Wauthier, Tincho, Meixús, Manu Fernández, Ju, Iván Garriel, Burcio, Miguel Román, Fer López, Antañón e Miguel Conde. Tamén xogaron Iván, Gael, Yoel Lago, Nacho, Moha, Manu Paz, Dela, Emilio, Yohan, Barreiros, Arcos, Busto e Jordi Escobar.
0 – CD Lugo: Marcos Lavin, Lizancos, Erik Ruiz, Juan Rodríguez, Nicholas Nathaniel, Pelayo, Jon Cabo, Guillermo Perero, Alberto Vaquero e Jorge González. Tamén xogaron Cacharrón, Zoilo, Cruz, Raúl Hernández, Dani Vidal, David Rosón, Jaume Cuéllar, Marcos Sánchez, Freire, Noya, Rubal, Lansade e Embadje.
Goles: 0-1, min. 84′, Gael.
Árbitro: Javier Figueiredo (Comité galego).
RESUMEN DA PRETEMPORADA 24/25:
Celta Fortuna 2 – 2 Bergantiños CF (27 de xullo, 19:00h, Burgáns)
- Celta Fortuna 0 – 0 Coruxo FC (31 de xullo, 11.30h, Cidade Deportiva Afouteza)
- Celta Fortuna 1 – 0 CD Lugo (3 de agosto, 19:30h, Baltar)
- Celta Fortuna – RC Ferrol (10 de agosto, 19:00h, Municipal Jesús García Calvo)
- Arosa SC – Celta Fortuna (17 de agosto, 20:00h, A Lomba)