WhatsApp Image 2024-08-10 at 19.33.18
A Canteira

O Celta Fortuna cae ante o Racing de Ferrol na quenda de penaltis

RC Celta

O Celta Fortuna caeu derrotado ante o Racing de Ferrol no antepenúltimo amigable da pretempada. Un partido polo Trofeo Memorial Jesús García Calvo que se decidiu na quenda de penaltis, tras un rifado empate a dous durante o tempo regulamentario, e que deixou como gañador ao cadro local.

O duelo comezou prometedor para o filial, que se adiantou no marcador aos cinco minutos grazas a unha brillante xogada da nova fichaxe celeste, Jordi Escobar. Con todo, os pupilos de Fredi Álvarez non lograron manter a vantaxe ata o descanso e marcháronse a vestiarios 2-1.

Na segunda parte, o Celta Fortuna saíu coa intención de reverter a situación, e o seu esforzo viuse recompensado á hora de partido. Unha rápida transición desde o medio campo culminou cun centro á área que Jordi Escobar, novamente, converteu en gol (2-2).

Ao fío do desenlace, o Racing tivo a oportunidade de sentenciar o encontro por pena máxima. Pero, Álex López mandou o seu disparo por encima do traveseiro e forzou a elección do gañador a penaltis. A quenda outorgoulle a vitoria, e o Trofeo Memorial Jesús García Calvo, aos ferroláns.

Agora, o Fortuna prepárase para o seu próximo compromiso de pretempada. O 14 de agosto ás 19:30h, os celestes enfrontaranse ao UD Ourense en O Couto, co obxectivo de chegar en óptimas condicións á competición oficial.

FICHA TÉCNICA:

2 – RC Ferrol: Yoel, Aitor Buñuel, Naldo, Cabaco, Brais Martínez; Álvaro Sanz, Fran Manzanara, Josep Señé, Nacho, Chiki e Álvaro Giménez. También jugaron Jesús Ruiz, Julián Delmás, Perea, Álex López, Jauregui, Puric, Gelardo e David Carballo.

2 – Celta Fortuna: Wautier, Yoel Lago, Tincho, Gael, Moha, Román, Jordi Escobar, Antañón, Johan, Manu Fernández e Fer López. También jugaron Burcio, Miguel Conde, Barreiros, Ianis e, Busto e Iván.

Goles: 0-1, Escobar (min. 5); 1-1, Chiki (min. 19); 2-1, Naldo (min. 36) y 2-2, Jordi Escobar (min. 60).

Árbitros: Pedro Oreiro Hermida (Comité galego).

RESUMEN DE LA PRETEMPORADA 24/25:

Celta Fortuna 2 – 2 Bergantiños CF (27 de xullo, 19:00h, Burgáns)

  • Celta Fortuna 0 – 0 Coruxo FC (31 de xullo, 11.30h, Cidade Deportiva Afouteza)
  • Celta Fortuna 1 – 0 CD Lugo (3 de agosto, 19:30h, Baltar)
  • RC Ferrol 2 (5) – 2 (3) Celta Fortuna (10 de agosto, 19:00h, Municipal Jesús García Calvo)
  • UD Ourense – Celta Fortuna (14 de agosto, 19:30h, O Couto)
  • Arosa SC – Celta Fortuna (17 de agosto, 20:00h, A Lomba)
RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas