20260501_CELTAFORTUNAvsOSASUNAPROMESAS_-2
A Canteira

O Celta Fortuna cae na casa ante o Osasuna Promesas (0-1)

RC Celta

O Celta Fortuna deixa escapar tres puntos ante o Osasuna Promesas en Abanca Balaídos. A pesar da derrota, o conxunto de Fredi Álvarez foi capaz de dominar practicamente na súa totalidade un encontro que se lle acabou torcendo nos compases finais co único tanto do partido, obra de Pedroarena, no minuto 82.

As ganas e a intensidade do filial celeste fixéronse notar desde o primeiro minuto. Antes incluso do cuarto de hora, os de Fredi Álvarez xa avisaran en tres ocasións, unha delas cun disparo que se estrelou no pau. A sensación era a dun Fortuna volcado no campo rival e dun Osasuna Promesas replegado, agardando a súa oportunidade á contra. Os visitantes atopárona no minuto 10 cun gol que finalmente foi anulado por fóra de xogo, pero os celestes non lle perderon a cara ao partido e seguiron xerando perigo ata a entrada nos vestiarios.

Tras o descanso, os locais saíron coa mesma idea de insistir, xerar e facer traballar á zaga visitante. Intentárono unha e outra vez, pero o balón resistíase a entrar. Quen si acertou foi o conxunto rojillo, que nunha das súas poucas ocasións atopou o premio a través de Pedroarena. A pesar do golpe, o Fortuna, fiel crente nas remontadas á beira da bucina, volcouse sobre a área rival na busca do empate. Apretou ata o último instante, pero o marcador xa non se moveu ata o asubío final.

O Celta Fortuna pasa agora páxina e céntrase no seu próximo reto, que será o domingo 10 de maio. Un derbi galego esixente ante o Ourense CF no que os de Fredi Álvarez buscarán volver gañar e selar un final de tempada brillante.

FICHA TÉCNICA:
0 – Celta Fortuna: Coke Carrillo; Anxo Rodríguez, Pablo Meixús, Quique Ribes (Jan Oliveras, min. 68); Pablo Gavián (Diego de la Iglesia, min. 83), Hugo Burcio, Dela, Ángel Arcos (Gabri Miller, min. 83); Bernard Somuah (Álvaro Marín, min. 61), Óscar Marcos e Capdevila (Kibet, min. 68).
1 – Osasuna Promesas: R. Fernández; R. Chasco, U. Santos, D. Espejo (B. Pérez, min. 78), Á. Jiménez, R. Lucero; M. Rico (Pedroarena, min. 78), I. Arrasate, M. Echegoyen; R. Arroyo (C. Lumbreras, min. 78) e D. González (A. Bonel, min. 60).
Goles: 0-1, min. 82: Pedroarena.
Árbitro: Alexandre Alemán Pérez (comité canario). Mostrou tarxeta amarela a Ángel Arcos (min. 38) por parte do Celta Fortuna e a Diego Espejo (min. 59), Mikel Echegoyen (min. 86) e R. Chasco (min. 90) por parte do Osasuna Promesas.
Incidencias: Partido correspondente á Xornada 35 do Grupo I de Primeira Federación disputado en Abanca Balaídos ante 1.193 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas