fortuna
Celta Fortuna

O Celta Fortuna compite “contra vento e marea” no Pedro Escartín (3-0)

RC Celta

O Celta Fortuna marchouse sen premio do Estadio Pedro Escartín tras caer ante o CD Guadalajara nun encontro condicionado por varios episodios arbitrais que terminaron inclinando a balanza.

O conxunto de Fredi Álvarez saltou ao terreo de xogo con personalidade e rapidamente impuxeron o seu ritmo e posesión en campo rival. Con Aldrine Kibet aberto en banda e Óscar Marcos fixando aos centrais, o filial monopolizou o balón e someteu a un Guadalajara que apenas lograba estirarse. Con todo, o guion cambiou bruscamente no minuto 24 coa expulsión por dobre amarela de Álvaro Marín.

A partir de aí o choque abriuse e os locais aproveitaron unha acción pola banda para adiantarse no marcador. Un golpe que obrigaba ao Fortuna a reaxustarse sen renunciar á súa idea, aínda que o control inicial deu paso a un partido máis directo e de transicións.

Tras o paso por vestiarios, Fredi Álvarez fixo uns reaxustes na formulación e a aposta, completamente ofensiva, pronto deu os seus froitos. O empate chegou nunha xogada de estratexia aérea culminada por Bernard Somuah, pero a acción foi invalidada por unha discutida falta previa de Pablo Gavián. Outro importante golpe moral ante o que o filial trataba de manter a súa ambición, aínda que o Guadalajara ampliaría rapidamente a vantaxe nunha acción combinativa que lograba bater a Coke.

Co partido xa moi aberto, o Celta Fortuna seguiu insistindo, xerando a última gran ocasión das botas de Óscar Marcos. Con todo, un desaxuste defensivo no tramo final permitiu ao Guadalajara pechar o marcador e matar definitivamente o partido.

Máis aló do resultado, o filial celeste demostrou unha vez máis a súa valentía e personalidade ante a adversidade. Un carácter co que enfrontarán o seu próximo desafío na competición recibindo en Abanca Balaídos ao líder da Primeira RFEF, ao CD Tenerife, o vindeiro venres, 13 de marzo, ás 21:15 horas.

FICHA TÉCNICA:

3 – CD Guadalajara: Zarco, Lucas Pérez (Kike, min. 21), Moreno (Muñoz, min. 46), Gallardo, Toño Calvo (Rojo, min. 69), Amigo, Tavares, Víctor, Javi Gómez, Miki e Casado.

0 – Celta Fortuna: Coke; Jaime Vázquez, Anxo, Quique Ribes (Ndiaye, min. 84); Pablo Gavián (Luis Bilbao, min. 84), Dela, Andrés Antañón, Jan Oliveras (Khayat, min. 74); Óscar Marcos (Jorge Pérez, min. 82), Álvaro Marín y Kibet.

 Goles: 1-0, min. 33: Javi Gómez; 2-0, min. 72: Pablo Muñoz; 3-0, min. 86: Amigo.

Árbitro: Juan Francisco Roca. Por parte dos celestes, expulsou por dobre amarela a Álvaro Marín (min. 24) e amoestou a Jan Oliveras. Mentres que dos locais, recibiron cartón amarelo Toño Calvo e Víctor.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 27 de Primera Federación disputado no estadio Pedro Escartín.

RC Celta

Etiquetas

Celta b Celta Fortuna

Siguiente noticia

Noticias recomendadas