WhatsApp Image 2025-10-25 at 22.01.35 (1)
Celta Fortuna

O Celta Fortuna conquista un derbi heroico ante o Racing de Ferrol (2-1)

RC Celta

O Celta Fortuna volveu demostrar que este equipo nunca se rende nun derbi galego de alta intensidade no que os de Fredi Álvarez impuxéronse por 2 goles a 1 ao Racing de Ferrol en Abanca Balaídos.
O partido arrincou con ambos os conxuntos buscando impoñer o seu dominio. O filial celeste tratou de mandar desde o balón e presionar arriba cando o rival tentaba saír. Houbo achegamentos, algunha aparición de Hugo González e Andrés Antañón, e a sensación constante de que o Fortuna estaba a piques de romper o muro ferrolán.
Con todo, tras o descanso, o Racing golpeou primeiro. Unha xogada pola súa banda esquerda acabou co tanto de Pascu, que adiantou aos visitantes. O gol non descompuxo ao Celta Fortuna e, apenas dez minutos despois, Hugo González serviu un córner medido ao corazón da área e Pablo Gavián cabeceou con potencia para devolver a igualdade ao marcador.
Pouco despois, o carrilero dereito volveu ser protagonista cando unha segunda amarela deixouno fóra do terreo de xogo. Pero o equipo, lonxe de renderse, tocáballe apertar os dentes. Fredi Álvarez reorganizou liñas, axustou posicións e, cando o Racing parecía máis preto do segundo, chegou o estalido de Abanca Balaídos.
Nunha contra perfecta, Óscar Marcos conduciu, Khayat desbordou pola esquerda e o seu centro medido atopou a Álvaro Marín, que de cabeza asinou o 2-1, desatando a alegría de todo o estadio.
Os últimos minutos foron unha lección de resistencia. O Celta Fortuna, xogando media hora cun xogador menos, foi quen de conter as arremetidas do rival e sumar outros tres puntos en casa, situándose na segunda posición da clasificación só por detrás do CD Tenerife.

FICHA TÉCNICA:

2 – Celta Fortuna: Coke; Anxo Rodríguez, Pablo Meixús, Jaime Vázquez (Khayat, min. 70); Pablo Gavián, Hugo Burcio, Andrés Antañón (Capdevila, min. 70), Joel López (Milla, min. 46); Hugo González (Ndiaye, min. 81), Bernard Somuah (Álvaro Marín, min. 70) e Óscar Marcos.

1 – Racing de Ferrol: Parera, Leal (Mardones, min. 77), Pujol, Saúl, Álvaro Ramón, Gorostidi (Azael, min. 82), Tejera (Álvaro Peña, min. 77), Concha (Dacosta, min. 72), Jairo Noriega, Pascu e Álvaro Giménez (Escobar, min. 72).

Goles: 0-1, min. 47: Pascu. 1-1, min. 56: Pablo Gavián. 2-1, min. 76: Álvaro Marín.

Árbitro: Fernando Román (Castela-León). Por parte do Celta Fortuna, expulsou por dobre amarela ao Pablo Gavián (min. 64) ademais, amoestou a Hugo González, Pablo Meixús e Álvaro Marín. Mentres, do Racing de Ferrol viron cartolina amarela Leal, Pujol e Saúl García.
Incidencias: Partido correspondente á novena xornada de Primera Federación disputado en Abanca Balaídos ante 3112 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Celta b Celta Fortuna

Noticias recomendadas