O Celta Fortuna finaliza a pretemporada 24/25 invicto tras vencer ao Arosa SC cun tanto de Fer López.
O encontro, disputado no estadio municipal de A Lomba, contou cun emotivo inicio a cargo da Banda de Música de Vilagarcía que interpretou o himno galego mentres que o presidente do Arousa SC entregoulle un ramo de flores a Marián Mouriño, presidenta do RC Celta.
Unha vez iniciado o xogo, o Celta Fortuna dominou o partido de principio a fin. Sería no minuto 13 cando Fer López aproveitaría un centro á área dende a banda para marcar o tanto do triunfo. Un gol co que o conxunto dirixido por Fredi Álvarez alzouse co Trofeo San Roque.
Os celestes encaran agora unha nova semana de adestramentos na que darán comezo á tempada 24/25 de Primera Federación. A primeira cita do calendario será ante o Barakaldo o vindeiro domingo, 25 de agosto, en Abanca Balaídos ás 18:00.
FICHA TÉCNICA:
0 – Arosa SC: David Conde, Dani, Javi Pereira, Rivera, Óscar Varela, Mario García, Samu Santos, Carlos Torrado, Noel Chaves, Pedro Bouzada e Felipe Peredo.
1 – Celta Fortuna: César, Tincho, Gael, Pablo Meixús, Miguel Román, Moha, Johan, Burcio, Antañón, Fer López e Miguel Conde. Tamén xogaron Iván, Jordi Escobar, Dela, Anxo, Emi Rodríguez, Manu Fernández, Iago Barreiros e Ángel Arcos.
Goles: 0-1, Fer López, min. 13.
Incidencias: Último partido da pretemporada 24/25 do Celta Fortuna disputado no estadio de A Lomba (Vilagarcía de Arousa).
RESUMEN DA PRETEMPORADA 24/25:
Celta Fortuna 2 – 2 Bergantiños CF (27 de xullo, 19:00h, Burgáns)
- Celta Fortuna 0 – 0 Coruxo FC (31 de xullo, 11.30h, Cidade Deportiva Afouteza)
- Celta Fortuna 1 – 0 CD Lugo (3 de agosto, 19:30h, Baltar)
- RC Ferrol 2 (5) – 2 (3) Celta Fortuna (10 de agosto, 19:00h, Municipal Jesús García Calvo)
- UD Ourense 1 – 2 Celta Fortuna (14 de agosto, 19:30h, O Couto)
- Arosa SC 0 – 1 Celta Fortuna (17 de agosto, 20:00h, A Lomba)