DSC_0212
Celta b

O Celta Fortuna imponse en Teruel (0-2)

RC Celta

O Celta Fortuna sumou a súa oitava vitoria da tempada ante o CD Teruel (0-2). Os goles de Sanchís en propia meta e de Miguel Román en conexión con Dani González reafirman o dominio celeste na escena futbolística da Primeira Federación.

Con 8 canteiráns e 10 galegos no 11 titular, Claudio Giráldez presentouse en Pinilla co claro obxectivo de asaltar de novo o liderado. Os pupilos celestes fixeron os deberes durante a primeira metade, dominando o xogo e impoñéndose ante un Teruel que evitou que se movese o marcador grazas a un bo traballo defensivo. Damián Rodríguez e Miguel Román orquestraban o partido, pero a falta de precisión no remate final mantivo o 0-0 antes da saída a vestiarios.

Tras o descanso, o Fortuna apostou por un triplo cambio coa entrada de Alfon, Fer López e Antañón e o filial celeste conseguiu inaugurar o marcador aos poucos minutos por medio dun dos recentemente incorporados: Antañón. A xogada comezou coa apertura a banda esquerda de Alfon, continuou cun centro medido de Antañón e finalizou cun gol en propia meta de Sanchís, obrigado a un forzado despexe pola chegada de Pablo Durán para rematar.

Ante a derrota local o Teruel tentou espertar pero a súa ocasión máis clara, un disparo afastado de Aparicio, terminou sen contratempos nas mans de Ruly. Más claras e perigosas parecían as oportunidades do cadro galego durante o tramo final con varías chegadas á portería de Taliby, ata que no último cuarto de hora Miguel Román conseguiría subir ao luminoso o 0-2. Unha alianza con Dani González que permitiu ao 14 celeste plantarse no balcón da área e, cun certeiro derechazo, coar o esférico na meta turolense.

O Celta Fortuna despídese así, 0-2, da décimo terceira xornada da competición. O próximo rival do filial celeste será a Real Sociedade B contra a que se enfrontará en casa o domingo 26 de novembro ás 18:00 horas.

FICHA TÉCNICA

0 – CD Teruel: Taliby, Carmona, Gaixas, Ahn (Borja Martínez, min. 46), Tena (Castillo, min. 63), Buenacasa (Alastuey, min. 71), Aparicio, Sanchís, Villa (Rubén Correia, min. 46), Facu e Pascual (Gabarre, min. 63).

2 – Celta Fortuna: Ruly; Javi Rueda, Manu Fernández, Yoel Lago, Javi Rodríguez, Tincho (Alfon, min. 46); Damián, Miguel Román (Bruno, min. 85); Raúl Blanco (Fer López, min. 46), Pablo Durán (Dani, min. 65) e Hugo Álvarez (Antañón, min. 46).

Goles: 0-1, min. 47: Sanchís (propia porta). 0-2, min. 77: Miguel Román.

Árbitro: Ávalos Martos. Amarelas aos locais Aparicio, Gabarre, Gaixas, Sanchís e Rubén Correia.

Incidencias: Partido da décimo terceira xornada de Primeira Federación celebrado na Pinilla.

RC Celta

Etiquetas

Celta b Novas celta b

Noticias recomendadas