16X9-OFICIAL
Celta b

O Celta Fortuna reforza a súa zaga coa incorporación de Quique Ribes

RC Celta

O Celta Fortuna continúa perfilando o seu persoal para a tempada 25/26 coa incorporación de Quique Ribes (Valencia, 16 de xaneiro de 2004). O defensa central, que chega procedente do Real Madrid Castela, firma co club celeste ata 2029 e únese ao equipo de Fredi Álvarez para achegar solidez ao eixo da zaga.

Ribes conta con experiencia na canteira de clubs como Levante e Valencia, e nas dúas últimas campañas competiu en Primeira Federación co filial madridista, acumulando máis de 2.800 minutos en 42 partidos, nos que ademais sumou dous goles e unha asistencia.

O Celta dálle a benvida con ilusión e confía en que será unha peza importante este curso grazas á súa capacidade para adaptarse a diferentes esquemas defensivos e a súa experiencia na categoría.

Benvido, Quique!

RC Celta

Etiquetas

Celta b Celta Fortuna Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas