O RC Celta e o Real Oviedo chegaron a un acordo para a cesión, con opción de compra, do central asturiano, Jaime Vázquez. O futbolista de 18 anos unirase ás filas do Celta Fortuna para o que resta de tempada.
Formado na canteira do Real Madrid, Jaime Vázquez destaca pola súa gran capacidade defensiva e a súa calidade no manexo do balón. Na tempada 23/24, fichou polo Oviedo Vetusta onde, o seu gran rendemento, levouno a ter participación en Segunda División co primeiro equipo dos carbayones co que disputou un total de 493 minutos repartidos en seis encontros. Ademais, tamén participou na recente eliminatoria de Copa do Rey ante o Real Ávila.
Internacional coa Selección Española sub-18, a incorporación de Jaime Vázquez ao Celta Fortuna supón un salto de calidade e competitividade para o filial celeste nesta segunda volta da competición.
Benvido, Jaime!