Imagen de WhatsApp 2023-12-03 a las 18.19.01_aef87d6f5
A Canteira

O Celta Fortuna remonta en Las Gaunas (2-3)

RC Celta

A pesar das numerosas oportunidades de gol frustradas durante o primeiro tempo e estar por detrás no marcador en dúas ocasións, a Celta Fortuna impúxose nas Gaunas #ante o SD Logroñés (2-3). Unha traballada vitoria que levou ao filial celeste a facerse cos tres puntos nos últimos minutos do encontro grazas aos tantos de Fer López e Pablo Durán. Os de Claudio Giráldez, que viaxaron a Logroño con sete baixas, souberon impoñerse ás dificultades e marcar o ritmo do encontro desde o minuto uno. O dominio da Celta Fortuna era claro e as ocasións de gol xenerosas; situación contraposta á do Logroñés, que apenas viu porta durante a primeira metade. Pero ás veces caza quen non ameaza, e esa única visita pola portería de Cesar serviu a Ezkundia para poñer por diante aos locais antes do descanso. Na segunda metade, os blanquirojos volveron ao terreo de xogo con confianza, facéndose máis fortes en defensa. Con todo, cando as cousas parecían poñerse máis difíciles, o Fortuna conseguiu igualar o encontro grazas a un gol de Bruno no minuto 65. Pouco duraría a alegría cando na seguinte contra dos locais, un intento de despexe de Javi Rodríguez terminou no fondo da rede (2-1). Once minutos tiveron que pasar para que os galegos, despois dunha xogada de estratexia, devolvesen as táboas ao marcador cun preciso toque de Fer López. O partido púidose descontrolar, pero un acougado conxunto celeste mediu os tempos e, tras un centro chute de Hugo Álvarez, Pablo Durán rematou ao fondo da portería para marcar o terceiro no 90. Gran remontada dos de Giráldez que volverán xogar en Primeira Federación o vindeiro sábado 09 de decembro ás 20:00 h fronte á Cultural Leonesa en Abanca Balaídos.

FICHA TÉCNICA

2 -SD Logroñés: Iruarrizaga, Trespalacios, Pareces, Murua, Gexán, Castellano, Luzzi (Toni García, min 59), Cova (Jairiz, min 88), Jannick, Ezkurdia (Óscar, min 69) e Escobar (Aurtenetxe, min 88).

3 – Celta Fortuna: César Fernández; Javi Rodríguez, Yoel (Antañón, min 46), Manu Fernández, Hugo Álvarez, Tincho (Javi Domínguez, min 83); Damián, Miguel Román (Fer López, min 46); Raúl Blanco, Dani González (Bruno, min 58) e Alfon (Pablo Durán, min 58).

Goles: 1-0, min 34: Ezkundia. 1-1, min 65: Bruno. 2-1, min 74: Javi Rodríguez en propia meta. 2-2, min 85: Fer López. 2-3, min 90: Pablo Durán.

Árbitro: Ortega Herrera. Amarelas aos locais Luzzi e Jaraiz e ao visitante Tincho.

Incidencias: Partido correspondente á décimo quinta xornada de Primeira RFEF disputado en Las Gaunas.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas