O Celta Fortuna sumou un novo triunfo na súa visita a O Couto ao impoñerse por 1-2 ao UD Ourense. Os os goles de Barreiros e Jordi Escobar deron a vitoria aos pupilos de Fredi Álvarez no penúltimo partido da pretempada 24/25.
O filial celeste tomou a dianteira cedo cun gol de Barreiros no minuto 15. Con todo, o UD Ourense igualou o marcador xusto antes da saída a vestiarios. Na segunda metade, Jordi Escobar, recente incorporación do Fortuna, anotou o gol decisivo que asegurou a vitoria celeste.
Con este triunfo, que ratifica a boa dinámica do filial, o equipo céntrase agora no seu próximo e último compromiso de pretempada. Un último test crucial, para afinar detalles antes de afrontar unha campaña que promete ser ilusionante, que terá lugar o sábado 17 de agosto en A Lomba fronte ao Arousa SC.
FICHA TÉCNICA:
1 – UD Ourense: Cobo, Varo, Bueso, Noel, Cabarcos, Samu Pardo, Parrilla, Miguel, Justino, Antón e Cellerino.
2 – Celta Fortuna: César, Yoel Lago, Moha, Pablo Meixús, Dela, Burcio, Antañón, Arcos, Manu Fernández, Miguel Conde e Barreiros.
Goles: 0-1, Barreiros, min.15; 1-1, Cellerino, min. 42; 1-2, Jordi Escobar, min. 62.
Incidencias: Penúltimo partido da pretempada 24/25 do Celta Fortuna disputado en O Couto ante o UD Ourense.
RESUMEN DE LA PRETEMPORADA 24/25:
Celta Fortuna 2 – 2 Bergantiños CF (27 de xullo, 19:00h, Burgáns)
- Celta Fortuna 0 – 0 Coruxo FC (31 de xullo, 11.30h, Cidade Deportiva Afouteza)
- Celta Fortuna 1 – 0 CD Lugo (3 de agosto, 19:30h, Baltar)
- RC Ferrol 2 (5) – 2 (3) Celta Fortuna (10 de agosto, 19:00h, Municipal Jesús García Calvo)
- UD Ourense 1 – 2 Celta Fortuna (14 de agosto, 19:30h, O Couto)
- Arosa SC – Celta Fortuna (17 de agosto, 20:00h, A Lomba)