20250123_FirmaR_FundacionCelta-5
Integra gl

O Celta Integra revalida outra tempada máis o seu acordo de colaboración con R

RC Celta

A Fundación Celta e o operador galego R escenificaron unha vez máis a renovación do acordo de colaboración empresa-entidade na tenda R da rúa García Barbón de Vigo. O encontro, encabezado polo director da Fundación, Germán Arteta, o director de R, Alfredo Ramos, e Alberto García, membro do Patronato da Fundación Celta, contou tamén coa presenza de xogadores e do corpo técnico do conxunto.
Deste xeito, R volve colaborar oficialmente co Celta Integra, que xoga en LaLiga Genuine, competición de equipos formados por persoas do colectivo D.I. (con discapacidade intelectual) e organizada por LaLiga.
Germán Arteta quixo transmitir, en representación da Fundación e do equipo, o seu “profundo agradecemento a R pola súa constante colaboración e respaldo incondicional. A súa contribución foi clave para potenciar a visibilidade do noso proxecto e fortalecer iniciativas que promoven a inclusión e o desenvolvemento dos nosos xogadores. Ademais destacou que “o seu compromiso non só impulsa os nosos obxectivos senón que tamén inspira a outros a unirse á nosa causa” (…) “Estamos ilusionados por seguir construíndo xuntos este camiño cara a un deporte máis inclusivo e diverso onde todos teñen a oportunidade de brillar. Grazas, unha vez máis por formar parte da nosa familia e por serdes un alicerce esencial dos nosos logros presentes e futuros”, concluíu.

O director de R expresou a súa satisfacción pola renovación deste acordo máis unha vez. Alfredo Ramos dixo que “quen compomos o equipo R sentímonos moi honrados de achegar para construír unha sociedade máis solidaria, máis xusta e máis sa a todos os niveis. O Celta Integra ofrécenos esa oportunidade ano tras ano. Hoxe revalidamos, así, a nosa aposta compartida polo deporte, a deportividade, o xogo limpo, os hábitos saudables e, sobre todo, a integración social”.

Pola súa banda Alberto García, membro do patronato da Fundación Celta, amosou a súa gratitude a R e animouno a seguir apoiando esta iniciativa: “O soño destes mozos e mozas é gozar do fútbol, e é a nosa responsabilidade darlles a oportunidade de facelo nunha contorna tan especial como o do RC Celta. Grazas por axudarnos a manter vivo este proxecto, que non só ten un impacto deportivo senón tamén un profundo valor social grazas ao traballo que realiza a Fundación Celta para favorecer a inclusión. Espero que sigades moitos anos máis connosco contribuíndo a facer realidade estes soños”.

Como colaborador do conxunto ata o remate da presente tempada 24/25 de LaLigaGenuine, o logo de R estará presente no equipamento deportivo dos xogadores e do corpo técnico (manga dereita e peito das pezas), e figurará igualmente na web do equipo.
O acordo referenda ese interese común da Fundación Celta e R por promover a mellora constante e o crecemento e adaptación social do conxunto e das persoas que o conforman. Así mesmo, o operador galego dálle percorrido, acompañando o Celta Integra, á súa inquietude pola colaboración social para contribuír á mellora de vida dos/as habitantes de Galicia a todos os niveis.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Integra gl

Noticias recomendadas