campions
Celta Integra

O Celta Integra Zelnova, campión de LaLiga Genuine Moeve 2025/26

RC Celta

O Celta Integra Zelnova proclamouse este fin de semana campión de LaLiga Genuine Moeve 2025/26, poñendo o broche perfecto a unha tempada espectacular.

Sete anos despois, volvemos ser campións, alzando o segundo trofeo da nosa historia. Un logro que fala de fútbol, pero sobre todo fala de persoas. Porque detrás deste título hai moitas historias de esforzo diario, de superación, de compañeirismo… Hai dez anos de traballo, de retos superados e de centos de momentos que foron construíndo o que hoxe é o Celta Integra.

Este equipo representa como poucos os valores que queremos defender cada día. Os que nos lembran que o fútbol é moito máis que competir, é tamén inclusión, respecto, amizade e comunidade. Por iso, este título é de todos os que forman parte desta familia, tanto xogadores como familias, técnicos, voluntarios, patrocinadores e todas as persoas que nos acompañaron no camiño durante estes anos.

Despedimos LaLiga Genuine Moeve 2025/26 invictos. Pero, por riba de todo, despedímola orgullosos. Orgullosos dun equipo que leva o escudo no peito da mellor maneira posible e que representa o verdadeiro corazón do Celta.

Parabéns, campións!

RC Celta

Etiquetas

Celta Integra Fundación

Noticias recomendadas