Hemeroteca canteira

O Celta pecha a renovación do lateral do filial Kevin

RC Celta

kevin-barreiro.jpg

O canteirán, no club desde xuvenís, ainou por dúas tempadas con outras tres opcionais

O Real Club Celta, reforzando a súa dobre aposta pola canteira e o futuro do club, pechou a renovación do lateral do filial Kevin, quen continuará vinculado á entidade celeste dúas tempadas con outras tres opcionais.

 

O defensor celeste (Nigrán, 23 de marzo de 1993) ingresou nas categorías inferiores do Celta na categoría xuvenil de primeiro ano: “Estou moi contento. A miña renovación e a doutros compañeiros é un reflexo da aposta do club pola canteira”, asegurou Kevin.

 

O mozo lateral considera que a ampliación do seu contrato “é máis que unha renovación” e lembra os seus primeiros pasos como celtista antes de recalar no club como xogador: “Desde pequeno ía co meu avó a Balaídos, á bancada de Río. A miña ilusión e a de calquera vigués é chegar a debutar co primeiro equipo”.

 

Esta renovación súmase á realizada hai uns días ao medio centro Borja Fernández e con anterioridade aos xogadores Borja Iglesias, Borja Domíngez, Óscar Santiago e Javi Que Delgado.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas