Hemeroteca canteira

O Celta Xuvenil, a por outra remontada épica na Madroa

RC Celta

julio-celtajuvenil-1415.jpg

O club anima ao celtismo a asistir ao partido para apoiar aos canteiráns celestes (12:00h)

 

O Celta Xuvenil de División de Honra afronta este domingo ante o Rayo Vallecano o partido de volta das semifinais de Copa do Rei (12:00h, A Madroa). Os canteiráns necesitan reverter o resultado da ida, un 3-1 a favor do cadro madrileño, e que mellor escenario para a remontada que A Madroa, onde os xuvenís celestes manteñen un pleno de vitorias nesta tempada.

 

O club fai un chamamento ao celtismo para acudir a este encontro a apoiar e alentar aos mozos xogadores célticos. De conseguir superar a eliminatoria esta xeración de futbolistas entraría na historia do RC Celta, xa que sería a segunda vez que o equipo xuvenil alcanza a final de Copa do Rei tras conseguilo no ano 1964.

 

Imbatido no seu feudo, campión da súa Liga e cuns rexistros impresionantes, o Celta Xuvenil de División de Honra está capacitado para asinar unha remontada épica. O empuxe dos afeccionados desde a bancada será sen dúbida un plus para que os canteiráns celestes cultiven o resultado necesario para acceder á ansiada final copeira.

 

Todos os afeccionados do Celta poden acceder ao encontro sen custo algún.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas