
O Celta Xuvenil B proclamouse campión da Liga Nacional Xuvenil – Grupo 1 tras unha tempada brillante que deixou pegada na canteira celeste. O equipo, dirixido por Juan Recondo, puxo o broche perfecto cun triunfo por 3-1 fronte ao AJ Lérez, grazas aos goles de Apa, por partida dobre, e Dani R., que reflectiron sobre o campo a superioridade dun grupo que foi constante de principio a fin.
Pero este título vai moito máis alá dun resultado. É a recompensa ao traballo diario, ao compromiso e á evolución duns xogadores que medraron xuntos durante todo o ano. Competiron con carácter, mantendo sempre a ambición e respondendo a cada reto como un equipo unido e con personalidade.
Tras o éxito do Xuvenil A, este novo logro volve poñer en valor a forza de A Madroa, lugar onde se forman futbolistas, pero tamén un sentimento. Detrás deste éxito hai moitas horas de esforzo e un modelo que aposta polo talento, a mocidade e a valentía. Un título que enche de orgullo ao club e que dá azos a un celtismo que mira ao futuro con ilusión.
Parabéns canteiráns!