Hemeroteca canteira

O Celta Xuvenil División de Honra vence no derbi ante o Deportivo

RC Celta

Os canteiráns celebraron o seu recente campionato ligueiro cun triunfo por 1-2 en Abegondo

 

O Deportivo homenaxeou ao Celta polo seu recente campionato ligueiro realizando un corredor aos xogadores celestes ao saír ao céspede. Un bonito xesto deportivo que tivo continuidade no desenvolvemento do encontro.

 

Os vigueses lograron porse por diante do marcador cando apenas se disputaron 11 minutos. Un bo centro de Samuel ao segundo pau aproveitouno Thaylor para anotar o 0-1. Minutos despois os locais empataban desde o punto de penalti por medio de Juampa. O partido chegaría ao descanso en táboas.

 

Tras a continuación o dominio olívico fíxose máis patente. No minuto 50 o equipo de David De Dios recibiu un merecido premio ao marcar o definitivo 1-2. Un potente disparo de Fernán desde fóra da área sorprendeu ao porteiro coruñés, que pouco puido facer para evitar o tanto celeste.

 

FICHA TÉCNICA

1-Deportivo: David Gómez, Víctor (Miguel, min 70), Róber, Quique, Callón, Gabi, Ángel, Juampa (Sánchez, min 46), Julio Delgado, Sergio e Chiño

 

2-Celta: Yago, Miguel, David, Goldar, Samuel, Borja, Jordan (Casas, min 67), Varela (Pablo, min 61), Yelko, Fernán (Berto, min 75) e Thaylor (Alberto, min 77)

 

Goles: 0-1, min 11: Thaylor; 1-1, min 19: Juampa, de penalti. 1-2, min 50: Fernán

 

Árbitro: Eiriz Mata. Amonestou a Goldar, Pablo e Yago

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas