Décimo oitavo internacional da canteira do Real Club Celta nos últimos tempos
Nova alegría para o club e a afección celeste, cuxo apoio á filosofía da entidade converteuse nun alicerce fundamental para o frutífero traballo na canteira. O Real Club Celta dispón doutro xogador internacional, Pablo Salgueiro, convocado para adestramentos oficiais da Selección Española sub-16 este mes de xaneiro. Co centrocampista zurdo do Cadete A son xa 18 os canteiráns célticos que nutren a distintas categorías de diversas seleccións.
Tras as recentes convocatorias das seleccións Sub-19 e Sub-17, nas que ten un gran reflexo o empeño do club por desenvolver e potenciar a súa canteira, sempre avalado polo incondicional apoio da afección, chega unha nova lista de convocados con protagonismo para o Celta.
O centrocampista ofensivo Pablo Salgueiro (Vigo, 21-01-1998) foi convocado pola Sub-16 para os adestramentos oficiais que se desenvolverán na Cidade do Fútbol de Las Rozas entre os días 27 e 29 do presente mes de xaneiro.
Pablo Salgueiro eleva a dezaoito o número de canteiráns célticos convocados para as categorías inferiores ou absoluta de distintas seleccións, unha cifra impresionante que non sería posible sen o convencemento da afección celeste, que entendeu o esforzo e os sacrificios que require a implantación da filosofía do club e apoiou o seu desenvolvemento de forma exemplar.