O RC Celta selou a continuidade do centrocampista do filial Dani Molina, quen se compromete co club vigués por unha tempada con outro tres opcionais.
Dani Molina (Huelva, 1996) chegou ao Celta B no mercado invernal da 2016/17. O onubense disputou 34 partidos co filial celeste nos que anotou dous goles. Ademais de demostrar a calidade que atesoura nos seus pés, Molina exhibiu un comportamento e entrega exemplares desde a súa chegada ao club céltico.