Hemeroteca canteira

O extremo Juan Hernández e o mediocentro Juan Antonio Ros, novos refuerzos para o Celta B

RC Celta

 celtab110716

 

O Real Club Celta continúa perfilando o plantel do filial para a tempada 2016/2017. Trala chegada de Robert Costa e Adri Castellano, o Celta B incorpora a outros dous prometedores futbolistas, Juan Hernández, extremo procedente do Getafe B, e Juan Antonio Ros, medio centro formado nas categorías inferiores do Barcelona.

 

Juan Hernández (Lorca, 6 de decembro de 1994) disputou 31 partidos e anotou sete goles a pasada tempada no Getafe B, no Grupo II de Segunda B, aínda que con anterioridade xa acumulara unha gran experiencia na categoría de bronce no La Hoya Lorca, onde disputou dúas campañas tras chegar procedente do xuvenil do Granada.

 

Juan Antonio Ros, (Cartagena, 15 de marzo de 1996) medio centro que se desenvuelve con solvencia tamén de central, formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, onde proclamouse campión de Liga e UEFA en categoría Xuvenil. Foi ademais internacional coa Selección Española Sub-17 e a pasada campaña disputou 22 encontros co Barcelona B.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas