O RC Celta B perdeu este domingo en Burgos no último partido da segunda fase da tempada regular. Os de Onésimo, que chegaron ao encontro con numerosas baixas, plantaron cara ante o líder e mereceron mellor fortuna no marcador.
A primeira metade estivo marcada pola igualdade e o xogo desenvolveuse no centro do campo, con escasas ocasións de gol para ambos os equipos. Xa na segunda, os celestes estiraron liñas e buscaron con decisión a portaría rival.
Puido adiantarse o RC Celta B no tramo final pero Barovero detivo o penalti lanzado por Soni e cando o partido parecía que terminaría en empate, un gol burgalés decantou a balanza cara aos locais. O próximo partido do filial xa será nos playoffs de ascenso a Segunda División.
XI RC Celta B: Álvaro Fernández; Carreira, Markel Lozano, Lucas Cunha, Losada; Santi Prado, Solís, Gabri Veiga; Raúl Branco, Manu Justo e Lauti. Tamén xogaron: Alfon, Bruninho, Soni, Damián e Miguel