MINIATURA RESUMEN 16X9 (21)
A Canteira

O filial celeste cae en Tarragona nun duelo que se decidiu durante a primeira metade | Nàstic de Tarragona 2-1 Celta Fortuna

RC Celta

O Celta Fortuna viviu unha xornada atípica ao disputar o seu encontro aprazado fronte ao Nàstic de Tarragona un día de semana. Tres puntos, nun partido que se decidiu case na súa totalidade na primeira parte, que terminaron levándose os locais (2-1) pese ao golazo de Fer López no minuto 38.

O Nàstic comezou con forza e adiantouse no marcador no 17 grazas a un tanto de Alejandro Jiménez. Un disparo imposible de deter para Marc Vidal que chegou tras a primeira ocasión clara do conxunto local. O filial reaccionou ao golpe nunha xogada illada 20 minutos despois, cando Fer López, desde fóra da área, asinou o gol do empate cun potente zurdazo que se coou xunto ao pau. Pero, a aparente tranquilidade que dan as táboas, esfumouse ao fío do descanso. David Concha, cunha volea ortodoxa, logrou poñer o 2-1 tras un bote dentro da área. Un tanto psicolóxico que deixou ao Fortuna sen marxe de manobra antes da saída a vestiarios.

Co marcador en contra, os celestes tentaron mellorar o seu xogo na segunda parte, pero o Nàstic, ben plantado no campo, administrou con eficacia: vantaxe e crono. O partido diluíuse nun final sen goles, grazas a un oficio do Nàstic que terminou valéndolles ouro puro.

Tras esta derrota, o Celta Fortuna prepárase para afrontar o seu próximo desafío a finais desta semana. Os de Fredi Álvarez mediranse ao Zamora CF en Abanca Balaídos, o 1 de decembro ás 17:30h, coa intención de retomar a senda da vitoria.

FICHA TÉCNICA

2- Nàstic de Tarragona: Dani Rebollo; Pol Domingo, Leal, Óscar Sanz, Joan Oriol; Marc Fernández (Víctor Narro, 61′), Montalvo, Gorostidi (Unai Dufur, 61′), David Concha (Jaume Jardí, 75′); Álex Jiménez (Pablo Fernández, 61′), Antoñín.

1 – Celta Fortuna: Marc Vidal; Manu Fernández, Yoel Lago, Garriel; Sergio Díez (Gavián, 54′), Burcio (De la Iglesia, 54´), Miguel Román (Johan Guedes, 85′), Tincho (Barreiros, 86′); Fer López, Jordi Escobar, Óscar Marcos (Angelito, 73′).

Goles: 1-0 (17′): Álex Jiménez. 1-1 (17′): Fer López. 2-1 (38′): David Concha (43′).

Árbitro: Jorge Tárraga Lajara (colegio valenciano). Cartón amarelo para os locais Gorostidi (43′), Joan Oriol (60′) e Unai Dufur (86′); e para o visitante Hugo Burcio (54′).

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas