fotyu
Celta Fortuna

O filial celeste encadea a súa quinta xornada invicto | Celta Fortuna 1-1 SD Tarazona

RC Celta

O Celta Fortuna logra un valioso punto ante o SD Tarazona en Abanca Balaídos e estende a cinco partidos consecutivos a súa xeira sen perder.

O conxunto de Fredi Álvarez comezou o encontro con ganas, dominando o balón e buscando a portería rival. No minuto 15, un disparo desde fóra da área de Hugo González puxo en alerta ao porteiro rival, pero sería Óscar Marcos o que anotaría o tanto celeste, no minuto 17, cun axustadísimo disparo á escuadra. Mentres, o equipo aragonés contiña as arremetidas locais sen xerar demasiado perigo ao redor da portería de Coke.

Cambiarían as tornas na segunda metade na que o Tarazona saltaba o terreo de xogo mostrando un fútbol máis directo e intenso que tería o seu resultado no minuto 58 cando un remate de cabeza de Adri Fuentes lograba igualar o marcador, un empate co que os de Juanma Barrero volvéronse arriba e estiveron preto de remontar o encontro cun disparo de Chechu que rozou o poste. Pola súa banda, o Celta Fortuna aguantaba e Fredi Álvarez realizaba uns axustes para tratar de conter o partido. Entre os cambios, destacar a volta aos terreos de xogo de Dela que, tras a lesión que sufría o pasado mes de decembro, volvía dispoñer de minutos nos que achegou control e solidez no centro do campo. Precisamente, uns cambios cos que os celestes volveron conter o tempo dun encontro que chegaría ao seu final co 1-1 no marcador.

Un empate que mantén ao Celta Fortuna na parte media da táboa cun colchón de 6 puntos respecto a a zona de descenso e a tan só 4 puntos dos postos de Play-off a falta de 5 xornadas para finalizar a tempada. O vindeiro domingo, 27 de abril ás 19:30h., enfrontaranse ao Zamora CF no estadio Ruta de la Plata.

FICHA TÉCNICA:

1 – Celta Fortuna: Coke; Hugo Burcio, Manu Fernández, Jaime Vázquez (Pablo Meixús, min 71); Sergio Díez (Ángel Arcos, min 62), Andrés Antañón (Dela, min 71), Miguel Román, Tincho; Hugo González (Johan Guedes, min 87), Jordi Escobar (Pablo Gavián, min 62) e Óscar Marcos.

1 – SD Tarazona: Fuoli, Camus, Chechu (Jannick, min 87), Trilles (Vladick min 86), Luis Rivas (Areso, min 67), Cedeño, Juan Rodríguez, Ángel López, Fuentes, Agüero (Mena, min 67) e Manu Rico (Llácer, min 87).

Goles: 1-0, min 17: Óscar Marcos. 1-1, min 58: Adri Fuentes.

Árbitro: Aleksandar Borisov (Colexio Balear). Mostrou cartón amarelo aos locais Tincho e Hugo Burcio, e aos visitantes Agüero, Cedeño e Ángel López.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 33 de Primera Federación versus e-Learning disputado en Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Celta Fortuna

Noticias recomendadas