Os celestes igualaron o encontro cun tanto de Borja Iglesias no segundo tempo (1-1)
O filial celeste conseguiu un valioso punto no complicado campo do Marino de Luanco. Nun partido moi igualado, os locais adiantáronse nos primeiros compases por medio de Jandro, que no minuto 13 rematou un bo centro desde a banda. O Celta B mantivo a compostura e fíxose coa posesión do balón. Borja Iglesias ameazou a portería asturiana cun potente disparo que despexou Ponzo e, pouco despois, anotou unha diana que foi anulada por fóra de xogo.
Tras o descanso, no minuto 58, chegou o empate dos celestes, un centro de Maceira que Borja Iglesias enviou ao fondo da portería. Ambos os conxuntos gozaron de oportunidades para volver marcar, pero a sensación xeral era de que os vigueses eran superiores e podían facerse coa vitoria. O envite finalizou cun reparto de puntos que deixa aos de De Dios ocupando a décimo terceira posición con 26 puntos.
FICHA TÉCNICA
CELTA B: Rubén, Soto, Pablo Crespo, Goldar, Maceira, Antón (Añón, min.55), Borja Domínguez, Borja Fernández (Javi Rey, min.80), Fernán, Delgado (Thaylor, min.78) e Borja Iglesias
Goles: Jandro, min.13 (1-0); Borja Iglesias, min.58 (1-1)
Árbitro: Rezola Etxeberría. Amonestó a Omar, José Ángel, Maceira e Delgado
Campo: Municipal de Miramar
Fotografía: Diego Pérez