Os canteiráns celestes venceron ao Coruxo FC cun tanto de Julio Delgado (1-0)
O Celta B continúa colleitando boas sensacións e resultados positivos. Na tarde do sábado, os canteiráns celestes alzáronse co XLV Trofeo Carneiro Ó Espeto en Moraña ao superar pola mínima ao Coruxo FC, cun tanto de Julio Delgado. Con este triunfo o filial céltico acumula dúas vitorias e un empate nesta pretempada.
O derbi vigués destacou por un reparto de forzas desde os primeiros minutos do encontro. O Coruxo esforzábase por controlar a zona media do campo, mentres que o conxunto de Fredi buscaba facer dano á contra. Así foi como chegou o único tanto da tarde. No minuto 42 o cadro celeste aproveitou unha ofensiva frustrada do Coruxo para saír ao ataque con velocidade e marcar o 1-0. O remate de Julio Delgado tocou nun defensa antes de coarse ao fondo da portaría.
FICHA TÉCNICA
1-CELTA B: Iván Villar, Sergio de Paz, Jorge, Pape, Igor, Álvaro, Hugo, Thaylor, Brais, Javier e Luis. Tamén xogaron: Fraga, Veloso, Jonathan de Amo, Pablo Crespo, Pablo García, Javi Rey, Borja Domínguez, Padín, Julio Delgado, Manu Vilán e Berto
0-CORUXO FC: Fernando, Ángel, Pazó, Luciano, Aspas, Alex, Diego, Antúnez, Pardavila, Iago e Mella. Tamén xogaron: Brais, Valicenti, Salinas, Alberto, Mateo, Maxi, Pedro, Moscasrdó, Cuba, Cristóbal e Anthony
Gol: Julio Delgado (1-0; min. 42)
Campo: Mirallos (Moaña)
Observacións: XLV Trofeo Carneiro Ó Espeto
Fotografía: Coruxo FC