O RC Celta B visita este domingo a partir das 11.30 horas ao Valladolid Promesas nun partido que pode ser decisivo nas aspiracións de ambos os equipos para disputar os playoffs de ascenso a Segunda División.
Os de Onésimo chegan ao encontro tras conseguir unha contundente vitoria en León e un meritorio empate ante o Burgos, líder destacado, en Abanca Balaídos.
De conseguir a vitoria, o filial celeste adiantaría ao Promesas na clasificación a tan só dúas xornadas para o final da tempada regular.