O Celta Fortuna continua a súa andaina pola tempada 25/26 cun novo enfrontamento en casa, esta vez en Abanca Balaídos. Os pupilos de Fredi Álvarez inaugurarán o templo celeste este curso para medirse ante o Arenas Club.
As entradas para este partido, correspondente á Xornada 4 de Primeira Federación, xa están dispoñibles, polo que se queres vir apoiar ao filial celeste o vindeiro domingo 21 de setembro ás 16:00h., xa podes facelo AQUÍ. As entradas están á venda desde agora mesmo en liña, por un prezo de 15 euros para adultos e 10 para nenos, pero tamén poderán comprarse nos despachos de billetes do estadio desde unha hora antes do encontro.
Lembramos, ademais, que se contas con Carné Celtista, a entrada será de balde.
Vémonos no segundo partido en casa da tempada para estrear Abanca Balaídos da mellor das maneiras.