WhatsApp Image 2025-02-01 at 18.53.53
A Canteira

O Fortuna cae ante o Nàstic en Abanca Balaídos (0-1)

RC Celta

O Celta Fortuna cae en casa ante o Nàstic de Tarragona. Os pupilos de Fredi Álvarez non lograron sobrepoñerse ao xogo dun cadro catalán que defendeu moi ben na súa área e terminou levándose os tres puntos grazas a un gol de Antoñito durante a primeira metade.

O filial celeste comezou dominando, con forza, e podendo abrir o marcador durante os primeiros minutos do encontro nun par de ocasións. Con todo, ás veces o fútbol non é xusto e sería finalmente o Nàstic quen borraría as táboas do luminoso. No 24, un saque de esquina terminou con Antoñín marcando de cabeza no segundo pau. Durante os seguintes minutos, os celestes seguiron sumando oportunidades, pero non sacaron nada en claro durante a primeira metade.

Á volta de vestiarios, o Fortuna apertou en busca dun máis que meritorio empate, un intento non exento de polémica, xa que un par de penaltis non pitados a favor do Celta levaron ao Nàstic a pechar o marcador e levar a vitoria a Tarragona.

Durante o encontro destacou o debut de Jones O-Abdellaoui, quen achegou velocidade e desborde por fóra.

Agora O Celta Fortuna céntrase no seu próximo partido, un derbi fronte ao Ourense CF que terá lugar o próximo 9 de febreiro ás 18:00h.

FICHA TÉCNICA:

0- Celta Fortuna: Marc Vidal; Gael Alonso, Pablo Meixús (Sergio Díez 46′), Manu Fernández; Iván Garriel, Hugo Burcio (Antañón 80′), Miguel Román, Tincho (Ángel Arcos 60′); El-Abdellaoui (Jordi Escobar 46′), Johan Guedes (iago Barreiros 77′) e Óscar Marcos.

1 – Nàstic de Tarragona: Alberto Varo; Miguel Leal, Gorka Pérez, Antonio Leal, Joan Oriol (David Juncá 46′); Jaume Jardí, Montalvo, Gorostidi, Víctor Narro; Pablo Fernández e Antoñín.

Goles: Antoñín (24′)

Árbitro: Ruiz Álvarez. Amonestou a Pablo Meixús (35′), Montalvo (51′), Tincho (57′) e Fredi Álvarez (65′).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 22 de Primeira Federación disputado en Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas