Tras a cancelación do partido de pretempada entre o Celta Fortuna e o RC Celta, o equipo filial ha confirmado un novo encontro amigable en busca de seguir preparando o que será a próxima campaña 24/25.
Os pupilos de Fredi Álvarez enfrontaranse á UD Ourense no Campo Municipal do Couto o vindeiro mércores 14 de agosto ás 19:30h.
Esta cita a domicilio axudará ao Fortuna para chegar a punto ao comezo do que seguro será unha tempada prometedora para os canteiráns celestes.