O Celta Infantil B proclamouse campión do torneo internacional de Gyeongju (Corea do Sur) ao superar aos Santos FC brasileiro na final. Os vigueses fixéronse co trofeo na quenda de penaltis, tras empatar 1 a 1. Os éxitos tamén chegaron no plano individual. Marcos González foi elixido Mellor Porteiro da competición e Óscar Marcos, o máximo goleador, foi designado Mellor Xogador do torneo. Felicidades, canteiráns!
A Canteira