Os celestes caen pola mínima ante o Sporting de Lisboa nos cuartos de final do campionato (1-0)
O Celta Infantil B finalizou a súa participación no Torneo Internacional de Gyeongju (Corea do Sur) tras perder nos cuartos de final ante o Sporting de Lisboa. O 1-0 foi suficiente para que os lusos levasen unha eliminatoria na que os xogadores celestes dérono todo ata o asubío final.
O cadro vigués regresa a Vigo tras asinar un bo papel neste prestixioso campionato, con vitorias ante o Shilla, a selección de Tailandia e o Tokyo Verdy, partidos nos que os rapaces defenderon con orgullo a camiseta celeste. Ademais, esta foi unha experiencia inesquecible que fará crecer aos canteiráns tanto deportiva como persoalmente.
Parabéns aos futbolistas e o corpo técnico pola súa participación no torneo e por levar as cores e valores celestes máis aló das nosas fronteiras.
Fotografía: Borja Puga, técnico do Infantil B.