O zagueiro foi intervido no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima
O lateral do Celta B Kevin foi intevido de maneira satisfactoria no Hospital Vithas Nuestra de Fátima da rotura que sufriu no corno posterior do menisco interno do xeonllo dereito, operación que realizou o médico celeste Mario Galán mediante artroscopia. O futbolista céltico permanecerá de baixa un periodo aproximado de seis semanas.
O club quere enviarlle ao central unha mensaxe de ánimo e desexarlle unha pronta e completa recuperación.