Eduardo Covelo, director da canteira do RC Celta, participou como profesor na segunda edición do Máster en Dirección, Metodoloxía e Análise no Fútbol de LaLiga Business School, en concreto no módulo titulado “Dirección de Canteiras e Formación en Fútbol Base”. O responsable do fútbol basee celeste compartiu cos alumnos a súa propia experiencia e a do club vigués como estudo de caso: “O Modelo de Dirección de Canteira do RC Celta”.
O traballo de canteira do RC Celta e a Fundación Celta consolidouse nos últimos anos como un referente dentro dos terreos de xogo, senón tamén no ámbito académico e formativo nacional e internacional. A presenza do RC Celta en accións de formación como este máster organizado pola Business School de LaLiga supoñen unha gran satisfacción e un referendo á metodoloxía céltica e a gran aposta pola canteira que o club desenvolveu durante a última década.