O porteiro do RC Celta Xuvenil de División de Honra César Fernández gozará dunha enriquecedora experiencia internacional. Foi convocado polo seleccionador do combinado español Sub-18 para disputar os Xogos do Mediterráneo, que terán lugar entre os días 22 de xuño e 7 de xullo en Orán, Argelia.
O canteirán celeste é un habitual das distintas categorías inferiores da selección española, desde a Sub-15, e esta mesma tempada foi convocado na totalidade dos compromisos do combinado nacional Sub-18.