O gardameta causa baixa na Sub-19, onde coincidía con Santi Mina, Borja Fernández e David Costas
O porteiro do Celta B Rubén Blanco sufriu no partido do pasado domingo ante o Zamora unha lesión muscula no adductor dereito que provocou que cause baixa coa Selección Española Sub-19, á que se sumou xunto aos celestes David Costas, Santi Mina e Borja Fernández.
O alcance exacto da lesión coñecerase ao longo das próximas horas, unha vez que se someta a probas médicas na cidade olívica.