O Celta B recupera a un dos seus novos valores. Tras a súa cesión a pasada tempada por parte do FC Barcelona, o porteiro galego asina un contrato de cinco tempadas co club celeste. Coke Carrillo, de 20 anos de idade, foi internacional coas seleccións nacionais Sub-18 e Sub-19 e convértese na quinta fichaxe do conxunto de Claudio Giráldez.