O novo gardameta celeste segue consolidándose nas categorias inferiores da Selección
A convocatoria da Selección Española Sub-17 depara unha nova satisfacción para o Real Club Celta, cuxa decidido aposta pola canteira ten un brillante reflexo nas categorías inferiores do combinado nacional. Na lista do seleccionador para a disputa de dous partidos internacionais ante Alemaña figura o porteiro do R.C. Celta Xuvenil Iván Villar (Aldán, 9 de xullo de 1997), quen chegou ao Celta en categoría alevín. O porteiro celeste debutou co combinado español en setembro do presente ano e xa se vai consolidando como un dos seus valores.
A Selección Española Sub-17 medirase a Alemaña este mes de novembro os días 12, ás 11 da mañá no Estadio de Wetzlar, e 14 no Estadio Georg-Gafmann, a esa mesma hora.