Hemeroteca canteira

O prestixio internacional da canteira celeste consolídase: o Cadete B viaxa a Qatar para participar no LFP Aspire Challengue

RC Celta

cadeteb-qatar-1314okokok.jpg

O presidente Carlos Mouriño e os familiares despedíronse dos xogadores esta mañá na Madroa

 

A canteira celeste suma unha nova e enriquecedora experiencia que consolida o seu prestixio internacional. Os xogadores e técnicos do Cadete B xa puxeron rumbo á cidade catarí de Doha, onde participarán do 11 ao 15 de abril no Torneo LFP Aspire Challengue Sub-15.

 

Esta competición, organizada pola Academia Deportiva Aspire, a liga de Fútbol Profesional (LFP) e a Asociación de Fútbol de Qatar, reúne a unha selección das mellores canteiras españolas, entre as que destacan as do RC Celta, Espanyol, Atlético, Málaga, Sevilla, Valencia, Vilarreal ou Athletic Club, e dous equipos propios do país, o Aspire Academy e a Qatar Selection.

 

Os rapaces adestrados por Jorge Cuesta despedíronse esta mañá na Madroa dos seus familiares antes de iniciar unha viaxe que afrontan cargados de ilusión e que lles reportará unha bagaxe persoal e futbolística incrible.

 

Á partida do conxunto celeste tamén acudiu o presidente do club, Carlos Mouriño, quen adicou unhas motivadoras palabras aos canteiráns: “gozade e divertirvos. Esta será unha gran experiencia que vos marcará moito. Aproveitádea e estade agradecidos aos vosos familiares, que vos permiten facer o que máis vos gusta, xogar ao fútbol”. O máximo dirixente céltico remarcou que a canteira do club “non só representa ao Celta, tamén á cidade” e asegurou aos novos que se lles dará “a oportunidade de chegar ao primeiro equipo. Entre todos temos que conseguir que crezades, pero a entrega e o tesón para logralo deben saír de vós. Se o aportades teredes a posibilidade de chegar ao primeiro equipo”.

 

O Celta inicia a competición encadrado no Grupo C, no que se medirá a Sevilla e Valencia. O adestrador do equipo vigués, Jorge Custa, remarcou que o obxectivo é “competir ao máximo ante algunhas das mellores canteiras de España e que os xogadores aproveiten esta experiencia”, algo co que concorda Míchel Martínez, integrante do departamento de coordinación das categorías inferiores e xefe da expedición celeste a Qatar: “para o Celta é un gran recoñecemento ser elixido para este torneo. Competiremos ao cento por cento. Esta vivencia serviranos para continuar crecendo como canteira”.

 

A presenza do Celta en prestixiosos campionatos como este consolida o fútbol base celeste, que conta cunha ampla e relevante programación de torneos para todos os seus equipos de face aos próximos meses. O traballo e dedicación da Fundación Celta, o apoio incondicional e entendemento pleno do celtismo e a inquebrantable aposta do club pola filosofía de canteira continúan dando forma a un proxecto que tempada tras tempada mellora, madura e fortalécese.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas