Os canteranos fanse de xeito brillante co título na penúltima xornada
O Real Club Celta Xuvenil de División de Honra proclamouse hoxe de xeito brillante campión de Liga ata antes do seu empate desta tarde ante a S.D. Llano 2000 (3-3). Os celestes saltaron ao campo como campións trala derrota do segundo clasificado, o Deportivo de La Coruña, ao que acabaron avantaxando en sete puntos a falta dunha xornada.
Novo e rotundo éxito da canteira celeste, que tras vivir unha Semana Santa espectacular con triunfos nun bo número de torneos de prestixio internacional, hoxe gozou dunha xornada especial co título cosechado polo Xuvenil de División de Honra a falta dunha xornada para a conclusión do campionato.
Os célticos mostran unhas cifras espectaculares, con 86 goles a favor e só 19 en contra nas 29 xornadas disputadas, nas que cosecharon unha vantaxe sobre o segundo clasificado de sete puntos.
O RC.Celta Xuvenil disputará esta tempada tanto a Copa do Rei como a Copa de Campións ante os mellores equipos do país. Esta última competición, reservada para os vencedores de cada Liga e o mellor segundo, terá lugar entre os días 7 e 10 de maio en Almuñécar, onde o equipo celeste proclamouse subcampión fai seis tempadas tras unha espléndida actuación que o levou a unha final na que caeu ante o F.C. Barcelona nun disputado partido. O últimos subcampeonato alcanzouse en Vigo fai dúas tempadas con partidos inesquecibles ante Real Madrid ou Barcelona e unha final en Balaídos que finalmente caeu ao lado do Sevilla.
A final da Copa do Rei, competición que disputan os dous primeiros clasificados de cada Liga e os dous mellores terceiros, terá lugar a finais de xuño en Ceuta.