alevin 2
A Canteira

O RC Celta alevín finaliza terceiro en LaLiga Promises e acapara os premios individuais

RC Celta

Fin de semana magnífico para o Alevín A en LaLiga Promises, competición na que participan as vinte canteiras que esta tempada estiveron en Primeira División. O equipo celeste mostrouse moi sólido durante todo o torneo e mesmo acaparou tres dos premios individuais.

Na fase de grupos, o Alevín A caeu derrotado ante o Real Madrid pero impúxose a Getafe, Cádiz e Villarreal. Xa en oitavos, o conxunto adestrado por Juan Recondo derrotou con claridade ao Levante con hat-trick incluído de Bryan Bugarín e en cuartos, outro gol do mozo canteirán serviu para vender ao RCD Espanyol.

O equipo vigués mediuse ao Sevilla en semifinais e tan só un gol nos últimos minutos privoulle de acceder á gran final. No partido polo terceiro e cuarto posto, os canteiráns venceron ao Real Betis para finalizar o torneo no podio.

Ademáis do gran labor colectivo de todo o equipo, os organizadores do torneo premiaron as actuacións individuais do Alevín A. Bryan Bugarín foi recoñecido como o mellor xogador do campionato ademais de terminar como pichichi tras anotar 9 goles en oito partidos, varios deles dunha extraordinaria beleza. Tamén o adestrador, Juan Recondo, foi distinguido como o mellor técnico de todos os participantes, unha distinción que pon en valor o traballo de canteira que se realiza no club.

RC Celta e Fundación queren mostrar o seu profundo orgullo polo torneo que realizaron os novos futbolistas celestes e que sen dúbida reafirma o traballo que día a día se realiza na Madroa para a formación e promoción de xogadores nas categorías inferiores.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Novas canteira

Noticias recomendadas