O RC Celta B perdeu este mércores en Barreiro ante o Real Madrid Castilla (0-1) no encontro aprazado da xornada 18. Os madrileños aproveitaron a súa única chegada con perigo para levar o tres puntos.
A primeira metade estivo marcada pola igualdade no xogo. Ambos equipos tentaron facerse co control de balón sen éxito. Foi o filial celeste o que chegou con máis perigo á área rival, aínda que non tivo puntaría nos metros finais. O Castilla adiantouse no marcador ao comezo do segundo tempo nunha xogada a balón parado. No tramo final o RC Celta B tentou empatar o partido pero non puido concretar as ocasións xeradas.
FICHA TÉCNICA
0 – RC Celta B: Fran Vieites, Carreira, Farrando (Losada, min 69), Ros, Pampín, Fontán, Moha, Solís, Gabri Veiga (Yeboah, min 62), Dani Vega (Bermejo, min 62) e Apeh.
1 – Real Madrid Castilla: Belman, López, Gila, Chust, García, Blanco, Bravo (Martín, min 5), César (Baeza, min 88), Franchu (Marvin, min 65), Fidalgo e Pedro.
Goles: 0-1 Gila, min 55.
Campo: Barreiro.