Trala súa contundente vitoria en León, o RC Celta B reavivou as súas opcións na loita polo ascenso a Segunda División. Este domingo ás 12.00 horas en Abanca Balaídos recibe ao líder do grupo, o Burgos, nun partido clave ao que poderán asistir un total de 900 abonados, segundo establecen os protocolos sanitarios adecuados á capacidade do campo.
Poderán optar ás entradas aqueles abonados con carné da presente tempada en vigor, como é habitual, con prioridade para os que non acudiron aos encontros anteriores e os que na pasada campaña optaron polo monedero dixital, realizaron unha donación á Fundación ou renunciaron á devolución.
Os abonados poderán solicitalas desde este momento e ata este xoves ás 23.59 horas AQUÍ e deberán cubrir online a pertinente declaración responsable.
A confirmación da entrada asignada a cada abonado realizarase o venres pola tarde mediante correo electrónico, onde tamén se indicará a grada e as portas polas que ten que acceder.