O RC Celta e a súa Fundación estiveron presentes, e con gran protagonismo, no “Proxecto Tanzania”, organizado pola Fundación LaLiga e a ONG “Born to Learn”, unha competición que tivo lugar días atrás en Moshi, rexión de Kilimanjaro. Nesta iniciativa solidaria participaron oito clubs de LaLiga asociados con outras tantas escolas locais e o equipo do RC Celta foi o campión da competición.
Trala clausura do campionato, ÁlvaroPayá, delegado de LaLiga en Tanzania, Samantha Peñalver, fundadora da ONG Born To Learn, e o comisario de distrito de Tanzania, Mwangi Rajab Kundya, agradeceron aos clubs o seu apoio a esta iniciativa encamiñada a promover os valores deportivos e educativos e a combater a discriminación e o racismo.