brais-mendez-radoja-celta-coruxo-entrenamiento-balaidos-220318.jpg
A Canteira

O RC Celta impúxose ao Coruxo FC no partido de adestramento en Balaídos

RC Celta

RC Celta e Coruxo FC disputaron este xoves en Balaídos un partido de adestramento no que os celestes se impuxeron 5-0 con goles de Víctor Pastrana, Facundo Roncaglia, Paul Roigé e dobrete de Lucas Boyé.

Ademais de Sergio, Hugo Mallo, Fontàs, Radoja, Aboiei, Jozabed, Jonny, Sergi Gómez, Mor, Cabral e Roncaglia, tamén participaron no partido os canteiráns Brais Méndez, Aarón Rei, Dani Molina, Víctor Pastrana e Pol Roigé.

Wass e Rubén continúan no parte médico por lesión, mentres que Mor recibiu o alta. Iago Aspas, Pablo Hernández, Maxi Gómez, Sisto, Lobotka e Mazán están concentrados coas súas seleccións.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas