Hemeroteca canteira

O Valencia Mestalla, primeiro rival do Celta B na loita polo ascenso

RC Celta

celtab150517.jpg

 

O sorteo da promoción de ascenso a Segunda División, celebrado este luns na Cidade Deportiva de Las Rozas, emparellou ao Celta B con outro filial, a Valencia Mestalla, na primeira eliminatoria de ascenso a Segunda División. Os celestes disputarán a ida en Barreiro o 20 ou 21 de maio e a volta en Mestalla o seguinte fin de semana.

 

O conxunto ché finalizou a tempada regular na terceira posición con 17 vitorias, 14 empates e 7 derrotas, mentres que o Celta B fixo o propio sumando 26 triunfos, 6 empates e 6 derrotas. Os de Menéndez tamén superan aos valencianos no rexistro goleador. Mentres a Valencia Mestalla marcou 59 dianas e encaixado 45, os galegos alcanzaron os 76 goles a favor e 31 en contra.

 

O resto de eliminatorias quedaron configuradas da seguinte maneira:

 

Primeiros de grupo

Barcelona B – CyD Leonesa

Albacete – La Hoya Lorca

 

Segundos, terceiros e cuartos de grupo

At. Baleares – Toledo

Cartagena – Alcoyano

Pontevedra – Real Murcia

Rayo Majadahonda – Racing Club de Santander

Villanovense – Fuenlabrada

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas