Os canteiráns gañaron 1-5 ao Real Oviedo e xa pensan na Copa do Rei
O Real Club Celta Xuvenil de División de Honra venceu con claridade ao Real Oviedo esta mañá na última xornada do campionato regular. Os mozos adestrados por David Sierra chegaron ao descanso por diante no marcador grazas a un gol de Brais Méndez. Tras a reanudación a superioridade celeste materializouse nun bo número de dianas, catro, obra de Manu Vilán por partida dobre, Fede Varela e Igor Engonga. Jairo anotou o único tanto dos asturiáns no minuto 85.