Hemeroteca canteira

O Xuvenil A finaliza segundo do seu grupo na Peronne Cup

RC Celta

juvenilperonnecup

 

O Celta Xuvenil A non pelexará polo título da Peronne Cup ao finalizar a primeira fase do torneo como segundo clasificado do seu grupo. Os celestes, que ofreceron unha moi boa imaxe en todos os seus partidos, arrincaron a súa participación no campionato cunha vitoria por 1-0 ante o Feyenoord. O seguinte choque, ante o OGC Nice, finalizou con derrota viguesa por 1-2. Finalmente no terceiro e definitivo partido, no que o Celta necesitaba unha vitoria para clasificarse á seguinte rolda, o 0-0 non se moveu do marcador.

 

Os canteiráns continuarán disputando partidos contra o resto de conxuntos eliminados. Este sábado ás 19:00 o Celta medirase ao Mónaco, segundo clasificado do grupo A.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas