O Celta Xuvenil A é o campión do grupo 1 da División de Honra. Os canteiráns celestes culminan co primeiro posto unha tempada extraordinaria na que só sufriron a derrota en dúas ocasións, anotaron 89 goles e encaixado 22.
O equipo adestrado por David de Deus afrontará a partir do 30 de abril a Copa de Campións, que nesta edición dispútase en Galicia. O oito clasificados enfrontaranse en catro eliminatorias de cuartos de final mediante sorteo puro e a final disputarase o 6 de maio.
O RC Celta felicita a xogadores e corpo técnico do Xuvenil A por o fantástico traballo realizado ao longo de toda a campaña e pola súa excepcional entrega. O club tamén desexa trasladar o seu máis sincero parabén a Arosa, Alondras e Val Miñor por seguir un ano máis na División de Honra e desexar un pronto regreso á categoría ao Pabellón.