O Celta Xuvenil A levou o Trofeo Manolo Martín ante o Deportivo no que era o primeiro partido de pretemporada para os vigueses. O choque, disputado na localidade coruñesa de Cee, chegou ao descanso con vantaxe para os celestes grazas aos tantos de Salgueiro e Otero. Tras a continuación o Deportivo conseguiu igualar o resultado e o campión do trofeo decidiuse na quenda de penaltis, na que os de De Dios estiveron máis acertados.